6/12/07

III Premios Enor de Arquitectura

Que Enor y Carlos Quintáns se hayan animado a impulsar unos premios de esta dimensión desde Galicia es siempre una buena noticia. Incluso resultarán positivos para los FAD que dejarán de ser el único referente independiente en galardones arquitectónicos. El esfuerzo de las tres primeras ediciones, excesivas anualmente, será consolidado en la edición 2009 cuando la iniciativa tenga carácter bienal y represente a todo el territorio iberico. En esta última edición, celebrada hace casi un mes, nuevamente una culta y visual escenográfia de desescribir servía para acoger el desfile, excesivamente amplio, de nominados y premiados. No hubo demasiadas sorpresas y Patxi Mangado, con el Estadio de Palencia, se llevó el gran premio Enor. Por el resto de territorios se premió el auditorio de El Escorial de Picado-De Blas, en Portugal un centro de salud de Providencia y una vivienda en Gerês de Correira e Ragazzi, y en Galicia la lonja de Fisterra de Creus y Carrasco. Dado mi interés en la arquitectura joven, creo que es reseñable que todos los finalistas gallegos, rondasen los cuarenta. En esta misma línea se entregó un premio de arquitectura joven a Churtichaga+Quadra-Salcedo , aunque en mi opinión posiblemente hubiese sido mejor apostar por alguién no finalista o incluso por propuestas no construidas. Ojalá eso ocurra en próximas ediciones.

4/12/07

Os novos arquitectos galegos

As xornadas do Consello de Cultura Galega serviron para situar parte do problema da nova xeración de arquitectos galegos. Resulta evidente que existe un desinterés por escoitar novas opinións e as críticas son sempre maiores cas felicitacións, pero a estrutura das conferencias serviu para reflexar novamente esta situación. Despois de dous días de conferencias quedaron duas horas para falar sobre o novo que se facia en Galicia. Coa sala máis chea que en ningún momento, o debate perdeuse e si existen ou non xeracións de arquitectos. Unha lastima.
É habitual falar da arquitectura como unha carreira de fondo onde os mellores resultados aparecen cara o final, pero unha analise obxetiva dos actuais arquitectos galegos, penso que contradice por completo esta opinión. A maioria deles, non todos, teñen moito máis interese nas suas primeiras obras. Co paso dos anos, xa sexa por falta de tempo ou exceso de coñecementos, algunhas das obras parecen perder toda razón de existir e presentanse como unha mestura de vellas intencións. Desde os últimos anos da dictarura, o papel dos arquitectos máis novos foi recoñecido pola sua contribución na rexeneración da arquitectura galega. Neste momento é difícil escoitar novas voces de arquitectura galega e polo xeral situanse nun plano complementario que impide unha analise real das suas aportacións. Quizás sexa o momento de escoitar abertamente o que se esta a facer xa que foron demasiados anos tendo so parte da información. Probablemente nada cambie, e cando nunhas xornadas poidamos escoitar aos arquitectos de menos de 40 anos, seguirán as mesmas críticas pero deberiamos ser concientes que, polo xeral, moitas das mellores obras de arquitectura producironse antes de esa idade.

24/11/07

A Arquitectura desde Galicia

Durante esta seman celebrouse o nos consello da Cultura Galega una reflexión sobre o xeito de facer arquitectura en Galicia. Dous días para desmenuzar intencións e obxetivos de doce arquitectos galegos en representación dun conxunto de máis de tres mil. O animo do Consello, e en especial da sección de arquitectura, foi exemplarizante e a pesares de non ter chegado, como é habitual, a unha gran maioria da poboación, serviu para xuntar máis dun cento de profesionais preocupados polo que se está a facer. Botabase en falta unhas xornadas coma estás e so queda, unha vez máis incidir na necesidade de transpasar a paredes dos lugares de reunión: os arquitectos necesitamos a sociedade para traballo e deben ser os principais receptores da nosa mensaxe. O maior problema de todos estas xuntanzas é o costume de falar so para nos mesmos.
Os dous dias concluiron con debate sobre a nova xeración de arquitectos galegos. O debate, lamentablemente non existiu o tentar que esta nova xeración de arquitectos respondese a existencia ou non dun identidade propia da arquitectura galega. Foi o remate a unha situación habitual na que moitos pretenden seguir afirmando que non existen xeracións de arquitectos e que todos estamos no mesmo barco. Non fondo non é mais que a insistencia permanente de desacreditar outras arqutecturas. Hoxe que estamos nunha situación favorable para o recoñecemento xeral do papel do arquitecto, as institucións deberian facer un esforzo de obxetivade ou ben para potenciar o papel dos novos arquitectos ou, o que deberia ser a primeira opcion, permitir escoitar no mesmo plano a novos e maiores dende unha analise real da obra construida.