24/11/07

A Arquitectura desde Galicia

Durante esta seman celebrouse o nos consello da Cultura Galega una reflexión sobre o xeito de facer arquitectura en Galicia. Dous días para desmenuzar intencións e obxetivos de doce arquitectos galegos en representación dun conxunto de máis de tres mil. O animo do Consello, e en especial da sección de arquitectura, foi exemplarizante e a pesares de non ter chegado, como é habitual, a unha gran maioria da poboación, serviu para xuntar máis dun cento de profesionais preocupados polo que se está a facer. Botabase en falta unhas xornadas coma estás e so queda, unha vez máis incidir na necesidade de transpasar a paredes dos lugares de reunión: os arquitectos necesitamos a sociedade para traballo e deben ser os principais receptores da nosa mensaxe. O maior problema de todos estas xuntanzas é o costume de falar so para nos mesmos.
Os dous dias concluiron con debate sobre a nova xeración de arquitectos galegos. O debate, lamentablemente non existiu o tentar que esta nova xeración de arquitectos respondese a existencia ou non dun identidade propia da arquitectura galega. Foi o remate a unha situación habitual na que moitos pretenden seguir afirmando que non existen xeracións de arquitectos e que todos estamos no mesmo barco. Non fondo non é mais que a insistencia permanente de desacreditar outras arqutecturas. Hoxe que estamos nunha situación favorable para o recoñecemento xeral do papel do arquitecto, as institucións deberian facer un esforzo de obxetivade ou ben para potenciar o papel dos novos arquitectos ou, o que deberia ser a primeira opcion, permitir escoitar no mesmo plano a novos e maiores dende unha analise real da obra construida.