Para recuperar unha iniciativa de hai máis de 3 anos, Patricia Sabin+Enrique Blanco e Carlos Pita, están a preparar para as primeiras semáns de Febreiro a III Edicion das Olladas de Perto. Durante as mañans de dous mercores (os días 4 e 11), un total de sete estudios galegos falaran sobre a arquitectura que están a facer e o seu posicionamento nos primeiros anos de exercicio profesional. Nesta edición van participar KEL Arquitectos, Patricia Alonso&Javier Rivadulla, CDG Arquitectos, Novan&Vesson, Alfredo Sirvent, MMASA Arquitectos e Miguel Camba.
19/1/09
18/1/09
Exposicion Habitares
Despois do preambulo realizado en Santiago de Compostela, o vindeiro día 5 de Febreiro vaise inaugurar na Estación Maritima de Vigo a mostra "Habitares, os espazos dos cidadans". A exposición é un percorrido polo espazo público das dez maiores cidades de Galicia e do norte de Portugal, sendo finalmente clasificados os obxetos, os lugares e as accións máis significativos da cidade contemporanea. En paralelo, a investigación realizada durante estes meses, vai presentar una serie de mapas perceptivos das cidades para reflexionar sobre a visión das nosas cidades. A mostra vaise completar cun documento audiovisual no que diferentes cidadans vigueses expresan a opinión sobre a cidade na que viven.
Publicado por webmaster en 2:28:00 0 comentarios
Etiquetas: Exposicións
15/1/09
Universidade Invisibel
A Universidade Invisibel naceu hai uns meses na Coruña "coa vontade de contribuír a espallar novas formas de relacións na producción de saberes e novos debates discursivos". Dentro da dinámica de reflexion sobre a sociedade contemporanea estanse a celebrar unha serie de debates introducindo diversas disciplinas. O vindeiro martes 3 de Febreiro, as 5 da tarde, vai participar o colectivo Ergosfera coa presentación "Mecanismos de ampliación de la democracia en el espacio público 'real'".
Publicado por webmaster en 11:05:00 0 comentarios
Etiquetas: Conferencias