23/1/08

Conferencias en Formatos


No adormecido panorama cultural coruñes a iniciativa da Libraria Formatos de organizar de xeito periódico pequenas actividades culturais é toda unha revolución. A colaboración da iniciativa privada na difusión da arquitectura era practicamente inexistente pero este novo compromiso coa cultura de Ramón e Jose Manuel, a bo seguro vai animar a outros a iniciar camiños semellantes. Un camiño de comprimiso que iniciaron hai máis de dez anos cunha pequena libreria e que se pode percibir na sua coherencia persoal e confianza na arquitectura contemporanea en cada unha das suas actuacións, xa sexa nesta nova aventura de difusión cultural, na reforma do novo local confiando en Jorge Meijide, nas fotografías de Hector Santos ou o apoio constante os Encontros de Arquitectura.
Nesta nova aventura, baixo a coordinación de Alberte Perez, comenzaron o pasado xoves as presentacións que, de ser posible, vanse desenvolver os xoves de cada duas ou tres semáns. O primeiro convidado foi o profesor da Universidade de Coimbra, arquitecto Jose Antonio Bandeirinha que reflexionou sobre as transformacións sociais e arquitectónicas dos SAAL portugueses. Desde unha contextualización ampla, detallou algunhas das intervencións que, co impulso de Nuno Portas no goberno e a capacidade dunha xeración destacada de arquitectos, viñeron a transformar a idea de vivenda colectiva nos anos setenta nas cidades portuguesas.

No hay comentarios: