18/1/09

Exposicion Habitares

Despois do preambulo realizado en Santiago de Compostela, o vindeiro día 5 de Febreiro vaise inaugurar na Estación Maritima de Vigo a mostra "Habitares, os espazos dos cidadans". A exposición é un percorrido polo espazo público das dez maiores cidades de Galicia e do norte de Portugal, sendo finalmente clasificados os obxetos, os lugares e as accións máis significativos da cidade contemporanea. En paralelo, a investigación realizada durante estes meses, vai presentar una serie de mapas perceptivos das cidades para reflexionar sobre a visión das nosas cidades. A mostra vaise completar cun documento audiovisual no que diferentes cidadans vigueses expresan a opinión sobre a cidade na que viven.

No hay comentarios: